Benvid@! Somos Rebeca Troitiña, Ines Souto, Manuel Vila e Marta Vallejo, un grupo de 1º de Educación Primaria que imos cursar a materia de TIC neste cuatrimestre.

QUÉ ESPERAMOS DESTA MATERIA?
INÉS: Agardo aprender a realizar un uso adecuado das TIC en relación co proceso de aprendizaxe educativo. Ó mesmo tempo, coñecer novas ferramentas, instrumentos e espazos de utilidade tanto para o meu presente como para o futuro, profesional e persoal. Por outra banda, ó non ter cursado durante a miña estancia no instituto a materia específica de TIC e ó non ter coñecementos avanzados acerca do uso das mesmas, xordeme certa inquedanza en relación á materia.
MARTA: Desexo aprender a utilizar as novas tecnoloxías dun modo adecuado e que me poidan chegar a ensinar a como adecualas hacia a educación para poder facer as clases máis levadeiras aos nenos. Por outro lado, teño medo a non chegar a alcanzar os coñecementos precisos.
REBECA: Nesta materia desexo aprender diferentes maneiras de utilizar as novas tecnoloxías na aula, e coñecer os diversos programas das mesmas para utilizalas nun futuro cando teña a oportunidade de impartir clases, a poder ser, de música. É visibel a gran importancia que teñen as tecnoloxías hoxe en día e o que poden servir na educación, xa que penso que é unha maneira máis dinámica e amena para ensinar os contidos.
MANUEL: Nesta materia espero adquirir conceptos, aprender instrumentos e técnicas, as cales o día de maña me sirvan para poder aplicalas no meu traballo de docente. Un dos maiores medo que teño é que se me dea mal esta asignatura, debido a que nunca se me deron moi ben as novas tecnoloxías. Este medo provén de que en 2 de Bacharelato cursei TIC e a verdade é que non foi unha experiancia moi satisfactoria. Dende ese momento sempre que podo evitar andar coas novas tecnoloxías, fagoo.