Dende o primeiro momento desexaba aprender diferentes maneiras de utilizar as novas tecnoloxías na aula e coñecer os diversos programas das mesmas para utilizalas nun futuro como mestra, e efectivamente, cumpliuse ise desexo. Todas e cada unha das actividades realizadas ao longo da materia resultan moi útiles para empregar no futuro nun aula.
As que máis me chamaron a atención foi a WebQuest (como unha maneira de que o alumnado realice un traballo con máis seguridade, buscando información de maneira correcta), a creación audiovisual (outra maneira de aprender "xogando", onde se traballa coas novas tecnoloxías), pero sobre todo a creación de recursos, xa que é incrible a cantidade de aplicacións e plataformas que descubrín que están ao noso alcance para facer que calquera contido fose máis ameno e entretido para o alumnado, utilizando e adaptando as diferentes aplicacións.
Por último, dicir que esta materia é unha das máis útiles na nosa profesión, xa que todo o alumnado futuro vai estar rodeado de novas tecnoloxías, e nós, como mestres teremos que estar "actualizados" para facer que a insitución educativa, sexa o máis acorde á realidade.
As Troitiñas
Benvid@ á Educación de TIC en Educación Primaria!
ÍNDICE
12 may 2020
REFLEXIÓN MANUEL
Dende a miña humilde opinión, as actividades realizadas nesta asignatura, servíronme para descubrir múltiples programas e recursos que podemos atopar na rede e tamén aprender a empregalos dunha maneira correcta.
As tarefas que máis me chamaron a atención foron a realización do audivisual e da WebQuest. Por un lado, nunca realizara un vídeo desta maneira, cunha finalidade didáctica e educativa. Por outro lado, non sabía da existencia da WebQuest, pero logo deste traballo considero que é un recurso moi útil para poder empregar na miña futura profesión.
Finalemnte, no que engloba a asignatura, pode dicir que me valeu para descubrir moitos recursos con diferentes finalidades e aprendelos a empregar de maneira correcta e rápida.
REFLEXIÓN INÉS
As TIC constitúen unha constante na nosa vida diaria, polo que todos deberiamos de acadar un bo nivel de coñecementos neste campo en concreto. No meu caso, poderiamos dicir que nunca saíra das catro paredes do Word 2010, Youtube e Wikipedia, de xeito que o feito de cursar esta materia supuxo un gran reto para mín.
Das actividades realizadas ó longo do cuatrimestre gustaríame remarcar a creación dos nosos propios recursos e a elaboración do audiovisual. Amabas tarefas permitíronnos afondar no noso espírito creativo e poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante as explicacións teóricas, o que, dende a miña opinión, axuda en gran medida a asentar os novos coñecementos.
Síntome verdadeiramente realizada con todo o traballo entregado ata o de agora, pero o máis importante, síntome orgullosa dos coñecementos adquiridos, pois sei a ciencia certa que non os deixarei escapar.
REFLEXIÓN MARTA
Na niña opinión parecéronme divertidas tanto as prácticas como o desenvolvemento do curso nesta materia, xa que, por exemplo, eu que levo dando TIC dous anos seguidos siempre facíamos cousas relacionadas con Word, Excel ou editores de imaxes e non cousas relacionadas cunha maior creatividade como fixemos este curso.
O máis divertido, baixo o meu punto de vista foi a realización do Stopmotion co meu grupo. En xeral, traballamos súper ben xuntos, dando opinións todos e repartíndonos o traballo.
Cando isto é así traballas moito máis a gusto polo que eu lévome boas sensacións nesta materia.
11 may 2020
PÓSTER
Despóis de buscar diferentes recursos didácticos coa temática da "auga", podemos observar que hai moitos e moi variados sobre esta temática. Ao ser un tema interesante para os máis pequenos, existen múltiples recursos adaptados á idade (dende vídeos divertidos explicando o ciclo da auga ata xogos para inculcar o coidado e o non desperdicio desta).
Por iso, para reunir todos recursos encontrados, realizamos iste póster interactivo, onde poderás facer click nos diferentes botóns para acceder a eles.
PÓSTER: https://view.genial.ly/5e5416c00547410f682e9f33/interactive-image-descubre-todos-los-secretos-del-agua
PUBLICACIÓN DA ENTRADA: 18 DE FEBREIRO

REVISTA DIXITAL
UN MUNDO SEN AUGA?
Nesta revista dixital encóntranse todos os recuros, materiais e actividades que vimos e elaboramos ao longo do curso coa temática da AUGA. A revista está creada dende a perspectiva do alumnado de 3º de primaria, e é unha maneira moito máis vistosa e amena de agrupar todo o elaborado durante este cuatrimestre.
Revista dixital "UN MUNDO SEN AUGA?": https://www.flipsnack.com/astroitas/un-mundo-sen-auga.html
24 abr 2020
WEBQUEST
Nesta entrada, adxuntamos o link para acceder a nosa WebQuest "Trivial asolagado de auga" que creamos para os nenos e nenas de 3º de primaria.
Esta WebQuest está composta por os seguintes apartados:
- Presentación: contextualizamos o que imos facer nesta WebQuest,
- Tarefa: onde presentamos qué actividades imos facer.
- Proceso: onde se desglosa cada actividade e se explica cada un dos pasos a seguir.
- Recursos: neste apartado están todos os enlaces e páxinas web que poderá utilizar o alumnado para buscar a información que se pide.
- Avaliación: onde terán acceso á rúbrica de criterios de avaliación.
- Conclusións: o alumno ou alumna verá o que conseguiu facendo iste traballo.
- Guía didáctica: é o último apartado, onde se mostran os obxectivos, contidos, a duración das sesións, etc.
Coa WebQuest pretendemos que tanto os alumnos como as alumnas aprendan deste tema, dunha maneira máis entretida, utilizando os recursos das novas tecnoloxías.
WEBQUEST: https://sites.google.com/view/webquestastroitinas/presentaci%C3%B3n?authuser=0

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)