ÍNDICE

12 may 2020

REFLEXIÓN INÉS

As TIC constitúen unha constante na nosa vida diaria, polo que todos deberiamos de acadar un bo nivel de coñecementos neste campo en concreto. No meu caso, poderiamos dicir que nunca saíra das catro paredes do Word 2010, Youtube e Wikipedia, de xeito que o feito de cursar esta materia supuxo un gran reto para mín. 

Das actividades realizadas ó longo do cuatrimestre gustaríame remarcar a creación dos nosos propios recursos e a elaboración do audiovisual. Amabas tarefas permitíronnos afondar no noso espírito creativo e poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante as explicacións teóricas, o que, dende a miña opinión, axuda en gran medida a asentar os novos coñecementos.

Síntome verdadeiramente realizada con todo o traballo entregado ata o de agora, pero o máis importante, síntome orgullosa dos coñecementos adquiridos, pois sei a ciencia certa que non os deixarei escapar.