Dende o primeiro momento desexaba aprender diferentes maneiras de utilizar as novas tecnoloxías na aula e coñecer os diversos programas das mesmas para utilizalas nun futuro como mestra, e efectivamente, cumpliuse ise desexo. Todas e cada unha das actividades realizadas ao longo da materia resultan moi útiles para empregar no futuro nun aula.
As que máis me chamaron a atención foi a WebQuest (como unha maneira de que o alumnado realice un traballo con máis seguridade, buscando información de maneira correcta), a creación audiovisual (outra maneira de aprender "xogando", onde se traballa coas novas tecnoloxías), pero sobre todo a creación de recursos, xa que é incrible a cantidade de aplicacións e plataformas que descubrín que están ao noso alcance para facer que calquera contido fose máis ameno e entretido para o alumnado, utilizando e adaptando as diferentes aplicacións.
Por último, dicir que esta materia é unha das máis útiles na nosa profesión, xa que todo o alumnado futuro vai estar rodeado de novas tecnoloxías, e nós, como mestres teremos que estar "actualizados" para facer que a insitución educativa, sexa o máis acorde á realidade.