ÍNDICE

23 mar 2020

LINGUAXE AUDIOVISUAL

Para realizar diferentes montaxes audiovisuais cos nenos e nenas, podemos utilizar diferentes ferramentas. Aquí preséntovos algunhas:


WeVideo: é unha ferramenta moi sinxela para facer montaxe de vídeos, podendo incluír música, fotos, etc.

Animatron: para traballar aspectos audiovisuais cos nosos nenos tamén podemos utilizar esta aplicación chamada “Animatron”.
Animatron é unha ferramenta que nos permite deseñar e publicar contidos animados e interactivos sendo compatible con todos os dispositivos.
É unha aplicación que non require grandes coñecementos pero si é necesario boas habilidades de deseño e preparación ademais de que soporta a colaboración en liña.

PowToon: grazas a este programa online poderás crear videos e presentacións animadas, a través de diferentes caricaturas de persoas falando ou mostrando cadros con diálogos escritos por ti mesmo, convertíndose nunha ferramenta moi utilizada para facer presentacións máis amenas.

Animaker: É unha aplicación que podemos utilizar directamente en Internet para a elaboración de vídeos con animacións realmente profesionais. É unha plataforma na que podemos crear escenas, arrastrar personaxes e crear un guión para desenvolver un ví­deo que, posteriormente, pode ser exportado a youtube. 
Esta é ideal para persoas que teñen moitos coñecementos en edición de vídeos, xa que non hai miles de variables que deben configurarse, só as suficientes para xerar un resultado atractivo en poucos minutos.  

Moovly: Moovly é unha ferramenta moi orixinal para a creación de animacións e vídeos. É sinxela de utilizar e o resultado é moi vistoso. É estupenda para o uso na aula xa que vai axudar a desenvolver a creatividade dos alumnos á hora de presentar os seus traballos. As animacións creadas con Moovly compártense na rede en formato vídeo exportándoas a Youtube e Facebook. A aplicación ofrece servizo gratuíto e tamén de pago, a cal debemos de valorar dependendo do uso que teñamos pensado darlle a ferramente.