- Que imos elaborar?
Dentro do noso proxecto “A auga”, decidimos levar a cabo a elaboración dun audiovisual
onde os nenos participen. Para facer esta actividade creamos un conto titulado
“A maxia de Pinguiña”, o cal lle daremos vida mediante a utilización
dunhas ferramentas tecnolóxicas.
onde os nenos participen. Para facer esta actividade creamos un conto titulado
“A maxia de Pinguiña”, o cal lle daremos vida mediante a utilización
dunhas ferramentas tecnolóxicas.
- Obxectivos deste proxecto.
- Adquirir coñecementos sobre a auga dunha maneira máis divertida
e dinámica para os/as nenos/as. - Descubrir novas ferramentas tecnolóxicas que os poidan axudar a
realizar tanto as tarefas de clase coma unha metodoloxía de estudo diferente. - Aprender a traballar en equipo e a distribuírse as tarefas.
- Identificar as diferentes funcións que ten a auga no noso medio ambiente.
- Concienciar sobre a impotancia da auga na nosa vida.
- Como se levará a cabo esta proposta?
Para crear o audiovisual faremos un vídeo empregando a técnica de Stop Motion.
A súa execución precisará a utilización dos seguintes materiais:
A súa execución precisará a utilización dos seguintes materiais:
- Plastilina de diferentes cores.
- Pequenos ollos de plástico.
- Diversos folios impresos cos fondos que se tomarán como escenografía.
- Dispositivo tecnolóxico para sacar as fotografías.
- Un pequeno tripode para suxeitar e colocar o equipamento fotográfico.
- Programa de edición para a montaxe de vídeo.
No que se refire ao alumnado:
- Uns farían os persoaxes con plastilina e outros elexirían a escenografía.
- Despois explicaríamos o que é un stop motion e utilizarían esta técnica
para realizar o vídeo-conto. - Unha vez esten os grupos feitos repartiremos as tarefas.
Uns encargaranse de facer as fotografías e outros de montar o vídeo. - Dous pares de nenos elixidos pola clase, porán voz aos persoaxes.
- Necesitaremos un total de 5/6 horas para rematar o traballo,
as cales se distribuirán ao longo da semana. - Finalmente, este vídeo subirase á plataforma dixital do colexio
onde o poderán ver os pais e tamén o proxectaremos nas diferentes aulas.
- Resultado final do traballo.
“A maxia de Pinguiña”:
