ÍNDICE

6 abr 2020

ELABORACIÓN DE ACTIVIDADES MULTIMEDIA INTERACTIVAS

Para levar a cabo todas as actividades deste libro dixital, utilizamos, na maioría delas, a ferramenta dixital Genially. 


Esta páxina ofrece múltiples formatos para poder crear as túas actividades, presentacións, etc xa que deixa personalizalas ao teu gusto, incluso ofrecéndoche diferentes plantillas. O que máis nos gustou desta páxina e o que fixo que elaborásemos case todas as actividades nela, foi o tan chamativa que é para os nenos e nenas, porque podes convertir unha serie de preguntas nun divertido xogo. Por exemplo, o tradicional xogo da OCA, convertímolo nun xogo relacionado co noso tema, xa que xogas cun compañeiro e en cada casilla tes unha pregunta, e se non acertas, quédaste unha partida sen xogar. Por todo iso, esa é a mellor maneira de aprender: a través da diversión.

Outra ferramenta utilizada, por exemplo, foi o Kahoot.


É unha plataforma onde podes crear unha serie de cuestionarios onde poden participar múltiples estudantes á vez, sendo eles os propios concursantes. Por cada pregunta, haberá catro respostas onde só unha é a verdadeira. Hai un límite de tempo e os/as alumnos/as que contesten ben e máis rápido nos seus diapositivos electrónicos, terán máis puntos. Ao final de cada cuestionario, os que teñan máis puntos serán os gañadores!. É outra forma de facer "preguntas test", pero máis atractivas e divertidas para o alumnado.

Finalmente, recomendamos estas dúas plataformas polo sinxelas e atractivas que son para ao alumnado e o profesorado.